
Un ano máis o Pazo de Tor situado na contorna de Monforte de Lemos abre as súas portas para recibir a catro artistas do panorama artístico actual. Este ano o escenario principal e o gran protagonista será o espazo natural que abraza e arroupa o Pazo, onde poderemos seguir de cerca procesos e conceptos artísticos ligados ás prácticas artísticas do Land Art, unha corrente onde se enlazan creación e natureza.
Dende o seu nacemento, os pasos dados pola Rede Museística e o seu equipo de persoas foron imparables, deixando pegada ano tras ano, xerando impacto e cambio na lectura e construción dun Museo, medrando coa súa comunidade, pensando en novas formas de chegar á poboación e dialogar e compartir Arte Contemporánea, de poñer en valor a creación e sobre todo as problemáticas propias da súa contorna desde unha perspectiva de xénero e sustentabilidade e accesibilidade. Compoñendo, en conxunto, un entorno vivo, cambiante e sensible. Un espazo de aprendizaxe, descubrimento, superación, encontro e sobre todo, escoita.
“Da terra que dá novas relacións entre arte e vida” cos artistas:
Lois
Cid
Lois Cid (Ourense, 1993) É graduado en Belas Artes pola universidade de Castela-A Mancha, ten un Máster en Fotografía pola Royal Academy de Amberese é, ademais, Técnico Superior de Fotografía pola EASD Antonio Faílde. Expuxo en festivais, galerías e espazos de arte nacionais e internacionais como: Encontros da Imagem (Braga, Portugal), Grosvenor Gallery (Manchester, Reino Unido), XPO (Enschede, Países Baixos), FOMU, (Amberes, Bélxica) Lamosa, Laboratorio Modulable Artístico (Cuenca) e na Galería Dispara (A Estrada, Pontevedra), entre outras.
A paisaxe dilúese. Os terreos do pazo estiveron amestrados de diferentes formas, foron viñedos, terras fertis para sementar centeo polo desexado cornizó, tamén se axeitaron como xardíns e actualmente son un contraste de campos segados e terreos asalvaxados cheos de maleza. As friccións das persoas coa paisaxe fan que esta mute, se destrúa e se constrúa nun proceso de transformación constante. Neste devir, interésome pola imposibilidade de capturar nunha soa imaxe os seus diferentes estados. Explorei o espazo cunha cámara escura con capacidade para albergar a unha persoa no seu interior e o mesmo tempo busquei que fora móbil. Deste xeito camiñei o terreo do Pazo de Tor, deténdome para observar e ser partícipe das experiencias imaxe que se proxectaban no fondo da cámara. Observando pequenos movementos das polas dos árbores, os paxaros voando no ceo invertido, unha visión en constante cambio imposible de deter.
“A paisaxe dilúese” converteuse nunha perfomance onde formei parte do aparataxe fotográfco véndome sometido a imposibilidade de capturar a imaxe latente, neste caso visible no interior do cubo escuro. Aceptando que o rexistro fnal fose experiencial, fragmentando o proceso fotográfco e quedándome coas sensacións que se producen oredor da captura de imaxes, sen necesidade de completar a instantánea e considerándoas fotografías por si mesmas.



A paisaxe dilúese
Cámara escura móbil 120×120
Acceso libre para experimentar a imaxe latente da paisaxe do Pazo de Tor. Maio de 2023.
Imaxes: © Lois Cid


Rosa
Neutro
Rosa Neutro (Cangas do Morrazo, 1979) é artista, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e con estudos de deseño gráfico na Escola de Arte Antonio Failde, Ourense. Nos últimos anos participou en diversas exposicións individuais e colectivas. “Pequena enciclopedia de fotografía (fragmentada)” na Sala Maruja Mallo da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (2022) é a súa última exposición individual. “Estéticas do cinema” (Semana de cine de Cangas, 2021); unha retrospectiva das súas principais obras inspiradas no cinema clásico. “Un cuarto propio”, proxecto premiado na convocatoria de comisariado da sala Zona C de Santiago de Compostela (2017).
Dogma natura [violeta e rosa] ou como ensinar land art a unha nena. O fundamento deste proxecto non so se vertebra nos procesos de creación vinculados á creación artística realizados dentro do contexto do Pazo Tor. Ademáis, pon o acento en cuestións que teñen que ver co sostemento da vida, os coidados e a conciliación para tentar reconciliar e visibilizar estas problemáticas moi presentes para moitas creadoras no discurso actual da arte e, concretamente, neste tipo de convocatorias pouco afeitas a elas. A artista fai una aposta, a de participar coa súa filla Violeta de 9 anos nesta residencia artística facéndose cargo do seu coidado e desenvolvendo, ao mesmo tempo, un proxecto centrado na temática proposta en torno ao land art. Coidar, ensinar, aprender… partindo destas premisas, ensinarlle arte a una nena tamén é coidar, non so dela, senón da nai artista que ensina, coida e aprende. Ensinar convértese neste proxecto no motivo da creación; facer, comprender e compartir para xenerar espazos de reflexión como principal motivación para a creación artística.
Ao longo dos dez días de residencia, nai e filla van desenvolvendo unha serie de accións, esculturas, fotografías e outros contidos en torno a arte feito no territorio ou land art. Máis de dez propostas que se recollen na páxina web da propia artista e que se poden rastrexar a través dun percorrido no propio espazo expositivo mediante códigos QR que nos levarán a cada unha das pezas realizadas. Un camiño que deu comezo aquí, pero que continuará.
Máis información na web da artista: AQUÍ





Dogma natura [violeta e rosa] ou como ensinar land art a unha nena
Conxunto de accións e intervencións no entorno do Pazo Tor rexistradas mediante códigos QR na web da artista. Maio de 2023.
Imaxes: © Rosa Neutro

Verónica
Vicente
Verónica Vicente (Tomiño, 1988) é graduada en Belas Artes pola UVIGO, conta cun Mestrado en Fotografía Conceptual e Artística da Escola EFTI e outro en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC. O seu traballo explora temas relacionados coa identidade na sociedade contemporánea, cuestións existenciais ou as fronteiras do corpo. Entre os seus recoñecementos destaca o Premio de Fotografía Joven da Fundación Enaire. Expluxo de forma individual na Fundación Rac, en Espacio Alexandra, dentro do programa OFF de PhotoEspaña, ou en galería La Gran. A súa obra forma parte de coleccións como as do CGAC, Fundación Rac, Centre d’Art La Panera, Museo Nacional de Escultura ou Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira.
Plantar un libro, escribir unha árbore
“Plantar un libro, escribir unha árbore” é unha intervención escultórica na paisaxe que formula unha reflexión sobre o legado da nosa existencia. Realizada no contexto do Pazo de Tor, ponse de manifesto o noso vínculo co territorio, o paso do tempo e a memoria. Por un lado está a terra e a súa delimitación como sinónimo de poder, estatus social ou orixe. Por otro, a escritura como rexistro da nosa existencia; se algo non está escrito non existe a certeza de que teña acontecido. Os libros configúranse como o relato identitario da nosa sociedade.
Do mesmo xeito que a biblioteca do propio Pazo alberga libros e documentos procedentes doutros pazos da súa mesma época, esta intervención materialízase a través do aporte comunitario de libros de varias bibliotecas da contorna de Monforte de Lemos xunto con outras aportacións particulares. A modo de escritura, parte dos libros van a ocupar os baleiros das ramas e troncos das árbores situados no terreo antigamente destinado ó xardín e á horta de cultivo. Metafóricamente podemos decir que a nosa existencia escríbese nas follas. A outra parte son plantados -de xeito literal- na terra, facendo un suco e deixando unha parte visible, xerando unha simbiose entre o natural e o feito cultural que o paso do tempo acabará por fusionar.



InPlantar un libro, escribir unha árbore
Intervención na paisaxe con libros.
Medidas variables.
Imaxes: © Verónica Vicente

